No día de onte Agader notificou a resolución de axuda a tódolos promotores Leader da convocatoria 2025-2026 do GDR Ulla Tambre Mandeo.
A Presidenta do GDR, dona Chus Novo, estableceu xunto co equipo técnico as accións a desenvolver de cara a apertura dunha nova convocatoria de axudas, á que se poderán acoller tódolos novos emprendedores, e empresarios e empresarias que queiran investir nos nosos nove concellos. Prevese que se abra a convocotaria durante o próximo mes de xaneiro.
No día de hoxe reuniuse a xunta directiva do GDR para acordar, entre outros asuntos, o inicio dunha campaña informativa para tódalas persoas que poidan estar interesadas en solicitar unha axuda Leader, así como para aprobar a lista de admitidas e excluídas do proceso de selección de personal que o GDR ten en marcha, e que se publicará mañá venres, 14 de novembro.
No enlace pódese consultar a resolución de axudas para a convocatoria Leader 2025-2026.







































