Esta semana o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrou a súa asemblea xeral no Hotel A Curuxa de Arzúa. Ademais de aprobar as contas e actividades do 2024, ratificáronse as actuacións que se van levar a cabo neste 2025. Entre outras accións, o GDR seguirá apostando polo cicloturismo, como xa leva facendo nos útlimos anos. Na reunión valorouse moi positivamente que outras entidades, asociacións e concellos, se estean sumando a promoción no cicloturismo no territorio.
A reunión tivo lugar no Hotel A Curuxa de Arzúa, un dos negocios que recibiu unha subvención Leader, fai agora sete anos.
Ademáis da asemblea xeral, durante este mes o GDR levou a cabo unha serie de charlas informativas sobre as axudas Leader, que se poden solicitar ata o próximo día 30 de maio. Calquera persoa interesada pode obter información na oficina técnica do GDR.








































