O GDR Ulla Tambre Mandeo celebra a súa Asemblea Xeral

O pasado martes, 27 de xaneiro de 2026, na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, tivo lugar a celebración da Asemblea Xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo. Con carácter previo á mesma, tamén se celebrou unha reunión da Xunta Directiva onde se acordou a solicitude de autorización, por parte de Agader, dos gastos do GDR para a anualidade 2026. O importe solicitado ascende a un total de 237.000 euros os cales se destinarán ó funcionamento da oficina técnica da Asociación, á posta en marcha de actividades de animación dedicados á consolidación do  Ulla Tambre Mandeo como destino cicloturista e á súa promoción e, tamén, á participación do GDR en proxectos de cooperación con outros GDRs. De igual xeito, aprobouse a solicitude dun anticipo do 50% destes fondos para poder comezar coas actuacións canto antes. Outro dos puntos importantes a tratar foi a modificación realizada tanto do baremo de valoración de proxectos produtivos como das limitacións sectoriais, autorizada xa por Agader, que a Xunta Directiva levou a cabo co dobre obxectivo, por unha parte, o de flexibilizar os requisitos de subvencionalidade para o sector do comercio polo miúdo no caso dos promotores do Bono Activa Rural, e, pola outra, para adecuar a puntuación do baremo de produtivos á realidade dos proxectos que se estiveron recibindo e poder conceder axudas máis atractivas. Ambas modificacións entrarán en vigor de cara á futura Convocatoria Leader 2026-2028, a cal se publicará a principios de febreiro no DOG e dotará ó GDR Ulla Tambre Mandeo de preto de 1.263.000 euros para proxectos empresariais e proxectos non produtivos, promovidos tanto por Concellos como por asociacións sen ánimo de lucro.

Non menos importante foi a aprobación en Xunta Directiva nun manifesto en apoio do Leader e da PAC no vindeiro periodo de programación europeo 2028-2032, elaborado polo conxunto de GDRs galegos, e no que se solicita á Unión Europea que non se recorten fondos para a PAC nin para o desenvolvemento rural ó tempo que se solicita que se manteñan unha asignación do orzamento mínima para Leader dentro da normativa. O manifesto trasladarase tamén a todos e cada un dos Concellos que conforman o Ulla Tambre Mandeo para que sea aprobado nos seus respectivos plenos municipais.

Na Asemblea Xeral, como é usual, aprobáronse as contas e a memoria de actividades do ano 2025, así como tamén da proposta das actividades e orzamento para 2026 e das modificacións anteriores realizadas nas normas de xestión do Leader. Unha vez rematada a Asemblea, os membros do GDR aproveitaron a xornada para coñecer de primeira man o funcionamento dunha das súas entidades asociadas, A Raíña, a cal desenvolve unha labor encomiable a través da empresa de inserción social coa que conta dedicada tanto á horta ecolóxica como á elaboración e venda de produtos sen glute, así como de outras actividades e servizos como o acompañamento de maiores ou a acollida habitacional a persoas que o necesitan.

Nesta xornada tamén se efectuou a despedida oficial da técnica do GDR María Mellid, a cal cesará no seu posto na asociación proximamente.

 – Outras entradas –

ACORDOS DO TRIBUNAL RELATIVOS Á PROBA ESCRITA

ACORDOS DO TRIBUNAL RELATIVOS Á PROBA ESCRITA

Tal como recollen as bases "As persoas admitidas realizarán unha proba escrita que versará sobre as materias recollidas no anexo IV destas bases. Esta proba valorarase cun máximo de 50 puntos. A proba constará de dúas partes. - Unha primeira parte consistente en 38...

Resolución de axudas Leader 2025-2026

Resolución de axudas Leader 2025-2026

    No día de onte Agader notificou a resolución de axuda a tódolos promotores Leader da convocatoria 2025-2026 do GDR Ulla Tambre Mandeo. A Presidenta do GDR, dona Chus Novo, estableceu xunto co equipo técnico as accións a desenvolver de cara a apertura...

O GDR PREPÁRASE PARA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS NO 2026

O GDR PREPÁRASE PARA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS NO 2026

  O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo anuncia a próxima convocatoria das axudas LEADER 2026, unha oportunidade única para apoiar iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio. Estas axudas están  dirixidas a...

I DESAFÍO GRAVEL EN TOQUES

I DESAFÍO GRAVEL EN TOQUES

O GDR Ulla Tambre Mandeo clausurou este sábado en Toques o I Desafío Gravel, que contou con máis de 350 participantes nesta primeira edición. O GDR contou no evento coa colaboración do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa, e coa furgoneta de Galicia Sabe AMar da...

Tracks de Jravelón e Jraveliña para mañá 27 de setembro

Tracks de Jravelón e Jraveliña para mañá 27 de setembro

Mañá remata este I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre coa celebración das rutas cicloturistas de Toques, Melide e Sobrado; esta vez con rutas de maior dureza. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para prepararvos! E lembrade: non é unha competición,...

Bases de contratación de persoal técnico

Bases de contratación de persoal técnico

O martes 23 de setembro de 2025 abre o prazo para presentarse ó posto de técnico/a de proxectos para a execución da intervención Leader no GDR Ulla Tambre Mandeo. O prazo estará aberto 25 días naturais (ata o día 17 de outrubro incluído). Consulta aquí as bases e...

I Desafío Gravel do GDR en Boimorto

I Desafío Gravel do GDR en Boimorto

Este sábado 13 de setembro, o GDR reuniu a máis de 250 persoas en Boimorto, para o primeiro desafío gravel Ulla Tambre Mandeo. A nosa presidenta, Chus Novo, foi a encargada de abrir o desafío, participando coa súa familia e completando con éxito a ruta, xunto co resto...

Tracks de Jravelón e Jraveliña para este 13 de setembro

Tracks de Jravelón e Jraveliña para este 13 de setembro

Xa está aquí o comezo do I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre! Este sábado estreámonos coa celebración das rutas cicloturistas de Boimorto, Arzúa e Vilasantar. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para ir anticipando emocións! Jraveliña Jravelón Vémonos...

Presentación do I Desafío Gravel Ulla Tambre

Presentación do I Desafío Gravel Ulla Tambre

Dona Chus Novo, alcaldesa de Boimorto e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo estivo xunto con outros membros da xunta directiva e co equipo técnico, presentando na igrexa románica de Sendelle en Boimorto, o I Desafío Gravel Ulla Tambre....

O GDR celebra a Asemblea Xeral

O GDR celebra a Asemblea Xeral

Esta semana o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrou a súa asemblea xeral no Hotel A Curuxa de Arzúa. Ademais de aprobar as contas e actividades do 2024, ratificáronse as actuacións que se van levar a cabo neste 2025. Entre outras accións, o GDR seguirá apostando polo...

Convocatoria de Axudas LEADER

Convocatoria de Axudas LEADER

Hoxe publícase no DOG a convocatoria de axudas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo e o resto de GDR de Galicia. O prazo de presentación é dun mes. Están dirixidas a tódalas persoas interesadas en solicitar unha axuda Leader no territorio deste GDR (Arzúa, Boimorto,...

Camiños de auga sobre Rodas

Camiños de auga sobre Rodas

Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o...

Camiños de auga sobre rodas

Camiños de auga sobre rodas

INSCRÍBETE AQUÍ    Ruta polo Concello de Toques Sitio de saída: Campo da Festa de Brañas (43.004159, -7.946304) Percorrido: 20 kms Duchas : Pavillón municipal (42.967696, -7.974073) Lavado de bicicletas no mesmo punto de saída e chegada Descarga a ruta   Ruta...

Chus Novo, alcaldesa de Boimorto, nova presidenta do GDR

Chus Novo, alcaldesa de Boimorto, nova presidenta do GDR

A nova presidenta do GDR, Chus Novo, Alcaldesa de Boimorto, asume o cargo coa responsabilidade de xestionar o novo Leader 2023-2027, iniciado o pasado 7 de agosto coa sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Medio Rural e o GDR Ulla Tambre...

APROBADA A ESTRATEXIA DO GDR PARA O PERIODO LEADER 2023-2027

APROBADA A ESTRATEXIA DO GDR PARA O PERIODO LEADER 2023-2027

O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión do Programa Leader 2023-2027. Que o territorio se beneficie dun novo período de axudas Leader é grazas á participación de toda a cidadanía na elaboración da...

PARTICIPA CUBRINDO A ENQUISA!

PARTICIPA CUBRINDO A ENQUISA!

O GDR lanza un último proceso participativo para determinar os obxectivos, o baremo e o plan de acción que guiarán o Programa Leader 2023-2027. Tanto a través desta enquisa como na Asemblea Xeral que se celebrará nuns días, definiranse os obxectivos do novo Leader, o...

Convocatoria de axudas Leader 2023-2024

Convocatoria de axudas Leader 2023-2024

Hoxe publícase no DOG a nova convocatoria de axudas Leader 2023-2024. O GDR Ulla Tambre Mandeo conta con 605.646,38 euros nesta nova convocatoria para o financiamento de proxectos no territorio. Se estás pensando en montar a túa empresa... Se tes un negocio e queres...

O Grupo de Desenvolvemento Rural necesítate, participa!

O Grupo de Desenvolvemento Rural necesítate, participa!

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo é unha asociación sen ánimo de lucro que busca o desenvolvemento rural sostible nas comarcas de Arzúa e Melide e no concello de Vilasantar, principalmente, a través da xestión da medida Leader. Na súa Asemblea Xeral...

Camiños de Futuro

Camiños de Futuro

O próximo luns 11 de abril, na EFA Piñeiral de Arzúa terá lugar o evento "Camiño de Futuro", organizado conxuntamente pola Axencia Galega de Innovación, o IGAPE, o GDR Ulla Tambre Mandeo e o GDR Asdecomor. Este acto ten como obxectivo difundir os distintos...

MARATÓN ORNITOLÓXICO

MARATÓN ORNITOLÓXICO

A última sorpresa do ano é a celebración dun maratón ornitolóxico, que levaremos a cabo os días 8 e 9 de outubro. Apto para todos os públicos, expertos ornitólogos, afecionados e non iniciados, público infantil e adulto, persoas, grupos e familias. Esta é a actividade...

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

O martes 5 de outubro celebrarase a "II Feira Virtual Camiños de Auga nas Terras do Ulla e Tambre" organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo. Un evento que se desenvolverá desde as 10:00 da mañá ata as 15:00 da tarde, e que un ano máis terá como principal obxectivo por...

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

No Ulla Tambre Mandeo poñemos en marcha un curso de formación destinado a coñecer as posibilidades ecolóxicas e produtivas susceptibles de implementarse en zonas Rede Natura 2000, como é o caso da Serra do Careón, a cal afecta ós ámbitos municipais de Santiso, Melide...

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

O territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo pode presumir, sen lugar a dúbidas, dunha gran riqueza a nivel natural e medioambiental. Entre outros exemplos destacan: o río Ulla, con un ben conservado bosque autóctono; a Serra do Careón, zona protexida pola Rede Natura...

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

La Junta Directiva del Grupo de Desarrollo Rural Ulla, Tambre y Mandeo, presentó la “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”, con el fin de dar a conocer el patrimonio natural, etnográfico y cultural del territorio. La guía constituye un trabajo de investigación y...

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

A xunta directiva reuniuse na feira de Arzúa para presentar a nova guía turística do Ulla e o Tambre elaborada polo GDR como acto promocional do Xeodestino Terras de Santiago para ordear e dar a coñecer os principais recursos turísticos dos nove concellos nos que...

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR ULLA TAMBRE MANDEO SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES Si en el mes de junio le tocaba el turno a los proyectos empresariales, con la concesión de ayudas por un importe de 450.000 euros a 5 proyectos (recordamos: una pensión en el Camino Norte de O...