Tal e como recollen as bases «As persoas admitidas realizarán unha proba escrita que versará sobre as materias recollidas no anexo IV destas bases. Esta proba valorarase cun máximo de 50 puntos. A proba constará de dúas partes.
– Unha primeira parte consistente en 38 preguntas tipo test, que puntuarán ata un máximo de 38 puntos, con 4 posibles respostas das cales só unha é a correcta. Cada resposta correcta sumará 1 punto, cada resposta incorrecta restará 0.25 puntos e as respostas en branco non puntúan. Haberá dúas preguntas de reserva.
– Unha segunda parte consistente nunha pregunta aberta de redacción sobre unha cuestión do temario, que puntuará ata un máximo de 12 puntos. Esta proba terá carácter eliminatorio.
Será necesario aprobar as dúas partes para superar a proba, obtendo un mínimo de 19 puntos na primeira parte da proba (test) e un mínimo de 6 puntos nas segunda parte (pregunta aberta). A Comisión de Selección resérvase o dereito a rebaixar a nota mínima esixida, tras a realización da proba, da primeira parte tipo test, no caso de que non acaden o aprobado un mínimo de dúas candidatas.»
En base a isto, o tribunal de selección de persoal procede a publicar o resultado provisional da proba escrita realizada durante o día de hoxe:
| Aspirante | Puntuación test | Puntuación pregunta | Puntuación total | Resultado |
| Dalia García Couso | 28,75 | 6,25 | 35 | Apta |
| LISTADO DE ASPIRANTES ADMITIDAS NO PROCESO QUE NON SE PRESENTARON A PROBA: | ||||
| Marta Vázquez Agra | Non presentada | |||
| Remedios Vázquez Rúa | Non presentada | |||
| Sara Igrexas Vázquez | Non presentada | |||
| María Ángeles Torres Pereiras | Non presentada | |||
Ábrese un prazo de tres días hábiles para alegacións ante a Comisión de Selección, na sede do GDR, a contar dende o día seguinte a esta publicación. As candidatas poderán tamén, no mesmo prazo de 3 días hábiles, reclamar a
revisión da súa nota se o consideran necesario.





































