
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, con Bieito de Unto Vello e os nenos e nenas do CEIP de Arzúa

Leirabuxo no colexio de O Pino

Nenos e nenas do CPI Camiño de Santiago do Pino ensaiando con Leirabuxo o tema que cantarán no Festival de la Luz

Bieito de Unto Vello explicando o tema co que actuarán no Festival de la Luz
O GDR Deloa como coordinador, xunto coa Fundación Paideia, o GDR Ribeira Sacra e o noso GDR Ulla Tambre Mandeo, estamos a desenvolver o proxecto de cooperación Xílgaro, co obxectivo de fortalecer a cohesión social a través da transmisión interxeracional de saberes, promovendo o diálogo entre infancia, persoas maiores e artistas emerxentes, ao tempo que se favorece a profesionalización artística e a xeración de novas oportunidades económicas ligadas á cultura no medio rural, e a mellora da identidade profesional, a visibilidade e a inserción laboral de artistas emerxentes de música tradicional galega, dotándoos de ferramentas, experiencias e contextos reais de traballo no medio rural.
No proxecto participan os colexios CEIP de Arzúa e o CPI Camiño de Santiago do Pino. O alumnado de terceiro curso de primaria de Arzúa xunto con Unto Vello e o de quinto de O Pino con Leirabuxo están traballando xa en varios talleres, orientados a coñecer a música de tradición oral da zona, e ensaiar unha peza coa que actuarán no escenario Cultivando Música do Festival de la Luz.
Ao primeiro dos talleres acudiu o alcalde de Arzúa, e membro da xunta directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo, Xoán Xesús Carril ,a presentar o proxecto de cooperación Xílgaro e a agradecer ós colexios e á Fundación Paideia a súa colaboración.
As actividades do proxecto se desenvolverán entre este ano e o próximo 2027. Durante o próximo mes de xuño organizaranse campamentos musicais, concibidos como espazos de convivencia, aprendizaxe e transmisión cultural. Estes campamentos favorecerán relacións afectivas entre xeracións, reforzarán o sentimento de comunidade e permitirán unha inmersión intensiva na cultura musical do territorio.
O proxecto será obxecto de visibilización pública coa súa participación no Festival da Luz 2026 coas actuacións previstas para o sábado 29 de agosto.



































