Tal e como se establece nas bases de selección de persoal técnico para o GDR, os aspirantes que pola puntuación obtida teñan superada a fase anterior, pasarán a realizar unha entrevista persoal, que durará aproximadamente 20 minutos por persoa candidata, que versará sobre o currículo vitae e aptitudes relacionadas co posto a desempeñar. Na entrevista, afondarase no perfil da persoa candidata, valorando a súa idoneidade para o desempeño das funcións do posto a cubrir.
A entrevista será valorada cun mínimo de 1 punto e un máximo de 25 puntos.
Finalizadas as entrevistas, publicarase un listado coas puntuacións obtidas.
Finalizada a fase de entrevista, a Comisión de Selección procederá á comprobación dos currículums vitae, así como á verificación dos documentos acreditativos dos méritos, e en virtude dos mesmos, procederá á valoración segundo os criterios establecidos no presente apartado.
Segundo isto, a candidata que superou a fase escrita, acadou a seguinte puntuación nas fases do proceso:
Nome da candidata: Dalia García Couso
Puntuación acadada:
- Fase de proba escrita: 35 puntos
- Fase de entrevista: 17 puntos
- Fase de baremación de méritos: 8 puntos
Polo tanto a persoa seleccionada para o posto de técnico/a de proxectos do GDR Ulla Tambre Mandeo é: Dalia García Couso




































