Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o sábado 19 de outubro a partir das 10:30 horas e con 20km de ruta, pola tarde será o turno de Vilasantar, con 18 km que terán que percorrer os participantes a partir das 16:30 horas. Xa para domingo será o turno de Melide, 20km a partir das 10:30 horas. Toda info a encontraredes en: https://www.gdrullatambremandeo.gal/index.php/news/289-caminos-de-auga-sobre-rodas e as inscricions son totalmente de BALDE EN: https://www.deporticket.com/web-evento/10498-camios-de-auga-sobre-rodas
Impulso da transformación dixital do Camiño Norte e do Eurovelo 3 co proxecto ‘Camiño do Norte Virtual’
O GDR participa xunto a outros dous Grupos de Desenvolvemento Rural galegos nunha innovadora iniciativa de cooperación que aplicará ferramentas dixitais, experiencias 360° e cartografía interactiva para dinamizar e poñer en valor o patrimonio, os recursos turísticos e...







































