Está aberto o prazo para a solicitude de axudas Leader no GDR Ulla Tambre Mandeo, dentro do plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC). A convocatoria estrutúrase en tres anualidades (2026, 2027, 2028) para a realización dos investimentos e posta en marcha dos proxectos. Estas axudas, en réxime de concurrencia competitiva, diríxense a persoas físicas e xurídicas e inclúen tanto proxectos produtivos como non produtivos.
O prazo para a solicitude de axuda remata o día 6 de abril.
Toda a información e o enlace para a solicitude están na web do GDR dentro do apartado «Leader».




































